Entre todos es posible
PONTE SOLIDARIO

Click here to edit title

Click here to edit subtitle

Ponte Solidario terá que esperar ata Marzo para ter local.


O Goberno local promete ter un local apto para os colectivos nesta data despois de máis de un ano de espera.


A día de hoxe xa é por moitos coñecida a nosa precaria situación co noso local (que temos que abandoar de maneira inminente por causas de problemas estruturais serios) e a solicitude fai xa máis de una ano que presentamos con máis colectivos o Goberno Pontareán dun local apto para poder continuar desenrolando as nosas actividades con normalidade e poder seguir dando cobertura social as máis de 400 persoas que actualmente están en contacto con nós.


O pasado día 20 de decembro de 2016 presentamos unha moción para trartar este tema en plenot, no seu transcurso, o alcalde evitou comprometerse con medidas concretas, denegando a nosa petición de por como prazo o día 31 de xaneiro de 2017 para resolver a situación.


Despois de máis de 40 días dende esta data onte tivo lugar unha reunión de Ponte Solidario e os resto de colectivos solicitantes do local co equipo de Goberno, en resumo parece que este último promete ter un local para nós o 1 de Marzo con cesión a longo prazo (entre 5 e 10 anos)


<< “A intención do Concello é boa, e realmente parece que as súas promesas están preto de cumprirse, pero tampouco podemos esquecer todas as "largas" e reunións que quedaron en nada as que vimos asistindo dende o ano pasado, veremos se soluciona en Marzo... ou se realmente esta última xuntanza non foi máis que outra data para seguir ampliando o seu prazo de resposta e continuar sen un espazo para todos” >> 


Lembremos que o último local que se nos ofreceu os 6 colectivos foi un local que en principio sería de 114m2 e finalmente quedaba en un 3 veces máis pequeno, é importante mencionar que esta non era unha opción viable para todos os colectivos, especialmente para Ponte Solidario pola falta de espazo de almacenaxe para alimentos e produtos de 1º necesidade que ofrecemos no pobo a máis de 150 núcleos familiares en risco de exclusión social.


Sobre a mesa agora mesmo pesan dúas opcións para pórlle fin, despois de 12 meses, a esta urxente petición da ONG. A primeira das opcións non dependerá directamente do Concello Local se non da Xunta, xa que en función de que se esta outorga a cesión de autobuses o Concello estes cederán espazos os colectivos por valor de 114m2 en total, o que solventaría en gran medida a demanda.En caso de que a Xunta non peche as resolucións burocráticas pertinentes que permitan o citado anteriormente, o Concello propón alugar un local para eles por valor de 100m2 e poñer a súa disposición espazos puntuais de almacenaxe en caso de ter problemas deste.


Aparentemente parece que o conflito entre Ponte Solidario e o Goberno chega o seu fin, pero non esquezamos todo este período de demora que nos ten empuxado case ata o límite no día de hoxe,e que esperemos que non se demore máis se non queremos que Ponteareas vexa como pechamos as nosas portas por falta dun espazo acondicionado onde poder exercer as nosas funcións ... o cal sería tamén un gran problema para o Concello  Pontearean xa que como ONG vimos cubrindo os seus déficits de medidas sociais e axudas dende 2013.


Se isto chegase a pasar é posible que xunto co resto de colectivos nos vexamos forzados a recurrir a axuda da cidadanía para esixir unha solución real a Casa Consistorial de Ponteareas.