Entre todos es posible
PONTE SOLIDARIO

Click here to edit title

Click here to edit subtitle

Ponte solidario pode quedar sen local por culpa da lenta xestión do Concello.

Este pasado martes día 8 Ponte Solidario, o Círculo Feminista, a PAH, Adenco e As Brétemas decidiron presentar un comunicado oficial informando desta inminente problemática que pon en perigo a labor dalgunha destas organizacións.


Para poder entender correctamente este conflito e a gravidade do mesmo, teríamos que retroceder a Xaneiro de 2016 cando Ponte Solidario solicita un local o novo Goberno para poder realizar as súas tarefas diarias, xa que tiñan avisos de que o seu local actual podería ter que ser abandonado nun tempo breve. Máis tarde en verán sumáronse a petición os outros colectivos do pobo co fin de compartir local para non abusar dos propios recursos públicos da vila ante esta necesidade común (en vez pedir ter un local propio por asociación).

Dende o principio das conversas se atoparon moitas evasivas para cerrar reunións, e localizar un sitio válido por parte do organismo público. En Febreiro informóuselle a Ponte Solidario que o tema do local estaba xa avanzado, estábase á espera da aprobación do PXOM, pero non é hasta Setembro (9 meses despois de moita insistencia, e urxencia) co Concello ofrece un local na 1º planta da Estación de Autobuses de 114m2 (suxerido polo propio Ponte Solidario) que se axusta a petición formulada polos colectivos.


O día 21 de Outubro por fin as asociacións teñen confirmación de que terán a cesión dun local por medio dun borrador de contrato que lle fan chegar dende casa consistorial. A sorpresa ven cando revisando este mesmo contrato resulta que pouco ten que ver co acordado previamente: O local que se ofrece por parte do Concello é outro diferente do falado nas reunións, resulta ser un local no mesmo edificio 3 veces máis pequeno (lembremos que este local sería para compartir entre 5 colectivos activos); e o máis importante, só se poderá usar para reunións das organizacións e non para as súas tarefas diarias ou almacenamento de material, que era un dos requisitos mínimos que se pedían (comida, e roupa entre outros no caso de Ponte Solidario) imprescindibles para garantir os seus servizos e labores.


Engadir que dende o Goberno nas múltiples reunións previas a este contrato acórdase que eles se farían cargo dos gastos de luz e de auga para axudar as asociacións, promesa incumprida no momento en en se fai entrega do regulamento do local e se notifica a nova “política” do mesmo. Ademais este regulamento presentado por parte do Goberno Local  non garante ningún período de uso, o que significa que as asociacións quedan expostas a ser expulsadas deste local en calquera momento baixo calquera circunstancia (ademais de ser obrigadas a manter o acondicionamento pese a esta falta de compromiso de permanencia), especialmente se a xestión da estación de Autobuses acaba en mans da Xunta, agora que recentemente foi aprobado isto en pleno.


É fácil pensar que un local practicamente abandonado resultará máis “interesante” para “recuperar” (polo Concello, ou pola Xunta) unha vez este reformado e pintado cos recursos dos propios colectivos.


Por parte das Asociacións vanse presentar as alegacións pertinentes a estre borrador xa que moito dista do que necesitan. Con este documento, parece que queda moi evidenciada a falta de preocupación e compromiso que teñen con estes colectivos (e os servizos que ofrecen) prestándolles solucións rápidas e efectivas. Resulta curioso que este novo Goberno, antes na oposición, manifestase as súa indignación do mal que trataba o PP a asociacións como Ponte Solidario sen proporcionarlle un local “digno” e agora non lle pareza algo relevante a solucionar de maneira eficiente.


Ponte Solidario agora mesmo brinda a súa axuda grazas a boa vontade dunha empresa local privada da vila que desinteresadamente cedeu un Garaxe para que puidesen realizar a súa tarefa alá por 2013; pero se o “pleiteo” burocrático se segue demorando no tempo é posible que por falta de medios moi tristemente esta asociación corra perigo de pechar (deixando a case 400 persoas sen a súa axuda) debido a que seu local actual ten problemas estruturais e debe abandonalo de maneira inmediata; de feito, o aviso para abandonar o local foilles, como temían, notificado en Abril deste ano.


Namentres Ponte Solidario segue a espera dunha solución por parte do Concello, a súa existencia corre perigo cada día que pasa ante a parsimonia do Goberno Local.