Entre todos es posible
PONTE SOLIDARIO

Click here to edit title

Click here to edit subtitle

Amplíase a partida de Emerxencia Social en Ponteareas....pero segue sendo insuficiente.

Para quén non o sepa, a Ordenanza de Emerxencia Social é o último recurso ao que se poden agarrar as familias con problemas económicos. 

Dende o ano 2013 levamos solicitando transparencia, información e un debate profundo para a modificación desta ordenanza e con elo garantir que en Ponteareas todas as familias teñan uns servizos mínimos. Froito diso naceu en marzo de 2014 o Informe de Mínimos (aprobado por todas as forzas políticas no pleno de marzo de 2014).

Fai pouco máis de un mes apareceu nos medios a nova do aumento das partidas e dos baremos promulgado polo goberno local, aplaudimos a medida, mais lamentamos que vai a continuar sendo insuficiente. Moitas unidades de convivencia quedarán excluídas ou esgotarán os límites a mediados de ano, como ven pasando nos últimos anos. Nos sorprende especialmente a mención do Consello Sectorial Social e precisamos puntualizar este punto. O Consello leva sen ser convocado dende xullo de 2016

Pero...como chegamos ata aquí? (fagamos memoria):


O anterior goberno municipal (Partido Popular), non permitiu a participación dos colectivos organizados, e limitouse a practicar as políticas sociais habituais sen adaptarse a nova problemática da crise actual, e principalmente baseadas na caridade e non na solidaridade.

Ademais, o PP,  negouse rotundamente a crear o Sectorial Social. Por iso, dende Ponte Solidario, coa axuda de 24 colectivos, puxemos en marcha un grupo de traballo, de costas á institución, que se detivo coa chegada do actual goberno, en xuño de 2015. A paralización debeuse a que o actual goberno aprobou a posta en marcha deste órgano de maneira oficial (Consello Sectorial Social), pero  a realidade, lamentándoo profundamente, e que este xesto foi un simple paripé xa que nunca se puxo en marcha, desperdiciando así o traballo desta sociedade organizada.

Entristécenos profundamente que as forzas de goberno voceaban na oposición a necesidade de crear este axente de participación e agora, cando gobernan, lapidan toda a esperanza e o esforzo dos colectivos que deixamos moitas horas de traballo e debate na construción deste órgano que pretendía ser parte importante da solución.

Ponte Solidario quere construír e contribuír, somos afectadas e afectados que queremos dar solución aos nosos problemas e para iso, precisamos que a nosa voz sexa escoitada, mediante órganos coma este. 

Non sería fantástico que nós, que sufrimos na nosas carnes a pobreza, puidésemos participar na solución dos nosos problemas?

Recordamos ao goberno local que, cando falamos de pobreza e de exclusión social, falamos en primeira persoa, xa somos unha voz que representa a máis de 450 persoas afectadas.


Podes consultar aquí o Informe de Mínimos de Ponte Solidario.