Entre todos es posible
PONTE SOLIDARIO

Click here to edit title

Click here to edit subtitle

Mundo Solidario

#DiaMundialContraOCancro

Posted by Ponte Solidario on 4 Ee febrero Ee 2015 a las 6:30


Ponte Solidario non quere esquecerse este 4 de febreiro de moitos loitadores que se enfrontaron, se enfrontan ou se enfrontarán ó cancro.


Son máis de 8 millóns de persoas as que falecen ó ano debido a esta enfermidade, máis mortes a nivel global que o SIDA, a malaria e a tuberculose xuntas. Afondando nos principais tipos de cancro que provocan a morte, o de pulmón sitúase con 1,4 millóns como o máis letal, seguido do de estómago e o de fígado. Se nos centramos no noso país, en España hai algo máis de 200.000 casos de cancro, afectando en maior medida a homes que a mulleres, e a maiores de 65 que a menores.


Gráfico: Evolución da tasa de mortalidade por cancro (1990-2011).

                


O futuro neste eido preséntase incerto, se ben por unha banda as tasas de mortalidade levan anos reducíndose, o número de casos en sociedades envellecidas como a nosa tende a aumentar. É por iso que a ciencia xoga aquí un papel fundamental para mellorar a calidade de vida dos afectados e poder devolverlles o benestar que perderon.


A inversión pública e privada para loitar contra esta lacra será un dos axentes fundamentais na evolución da enfermidade, influirá tanto na detección como no tratamento posterior, pero aínda haberá circunstancias para a prevención que dependerán da actividade humana (o 90% dos cancros de pulmón teñen ó tabaco como principal causante). As investigacións e tratamentos experimentais son optimistas, agardardemos que cumpran as expectativas.


Pero o que non podemos esquecer, e o que queremos remarcar no día de hoxe, é que as posibilidades na loita individual contra o cancro están directamente relacionadas co nivel económico e social do enfermo. Sen traballo, cunha prestación mínima de 426€ e asumindo o 40% do custo dos medicamentos, para moitos afectados o cancro non só é unha enfermidade, senón unha condea social.


O caso de Beatriz Figueroa, avogada viguesa que durante os 3 últimos anos loitou contra a administración por un recoñecemento xusto, abriu os ollos a moita xente ante as penurias asociadas á exclusión social dalgúns enfermos. Esta loitadora conseguiu máis de 500.000 sinaturas en change.org e levou a través do BNG a súa iniciativa lexislativa para a Seguridade Social ó Parlamento, procurando unha maior cobertura pública para tódolos enfermos de cancro. Tivo o apoio da oposición pero o goberno votou en contra.

Aínda así, despois de 3 anos nos tribunais pola denegación do Instituto Nacional da Seguridade Social a concederlle unha incapacidade permanente cando non podía traballar, acadou unha victoria xudicial significativa o pasado 2014, cando o xuíz deulle a razón e outorgoulle a incapacidade total coa que aumentou a súa axuda en 120€ e reduciuse a porcetanxe de medicinas que tiña que pagar.


A realidade desta historia é o triste reflexo do que moitos enfermos de cancro sen recursos están a pasar en España. Por iso denunciamos que lucir un lazo rosa non é suficiente, protexer ós máis vulnerables é tarefa da administración e semella que na nosa sociedade algo fixemos mal cando importa máis calquer economía do mundo que os nosos enfermos de cancro.


ENTRE TODOS É POSIBLE


Se queredes leer algo máis sobre a historia de Beatriz: http://www.estrelladigital.es/articulo/espanha/no-mata-cancer-hara-estado-y-sistema/20141121195113218311.html




Categorías: Ninguna

Añade un comentario

¡Vaya!

Oops, you forgot something.

¡Vaya!

Las palabras que has introducido no coinciden con el texto. Inténtalo de nuevo.

Already a member? Iniciar sesión

0 comentarios