Entre todos es posible
PONTE SOLIDARIO

Click here to edit title

Click here to edit subtitle

Mundo Solidario

Dia da Loita contra o SIDA

Posted by Ponte Solidario on 30 Ee noviembre Ee 2014 a las 13:35


Hoxe, como cada 1 de decembro dende o ano 1988, celébrase o día mundial da loita contra o SIDA. Ponte Solidario quere amosar o seu apoio cunha causa que, lamentablemente, conta cun historial de millóns de mortos cada ano en todo o planeta.


Os inicios do SIDA datan dos anos 80, aparecendo os primeiros casos en EEUU en pacientes homosexuais. Pronto, a enfermidade comezou a afectar a outros grupos poboacionais e foise estendendo a pasos axigantados o número de casos. Por aquel entón as persoas afectadas quedaban totalmente marxinadas da sociedade, illadas do mundo incluso por parte dos seus familiares e amigos, polo medo froito do descoñecemento das formas de contaxio, entre outros motivos. A mediados dos anos oitenta déronse casos de nenos infectados , que non atopaban colexio ao que asistir porque os pais do resto de nenos se negaban a que os seus fillos compartiran aula con eles, por esa falsa crenza de que a calquera contacto significaría o lastre de esa terrible enfermidade.


                                            


Hoxe sabemos que a única vía para a transmisión do virus VIH (virus causante do SIDA) é a través dos fluídos corporais e o sangue. Este virus non se pode transmitir a través da respiración, a saliva, o contacto casual polo tacto, dar a man, bicar, abrazar ou compartilo vaso. Os avances no tratamento e na atención sanitaria fixeron da infección por VIH no mundo occidental unha enfermidade crónica. Sen embargo, os cambios da percepción social foron menos significativos.


As súas vías de transmisión, as súas implicacións respecto aos mandatos de xénero máis tradicionais e a súa asociación no imaxinario social a grupos socialmente excluídos son causa do estigma asociado a infección e motivo de discriminación en distintos ámbitos. Con isto, agravamos as desigualdades socias existentes, en especial as relacionadas co xénero, a sexualidade e a etnia. As consecuencias non son só para as persoas con VIH e as súas familias, senón para a sociedade en xeral.


Pero o SIDA non é algo que só afecte ao chamado primeiro mundo. Ata agora, preto de 70 millóns de persoas (entre as que se encontran 14 millóns de orfos) infectáronse de VIH. Cada día inféctanse 14.000 persoas e morren outras 8.000 a causa do SIDA. O futuro a nivel global non é nada esperanzador. Se prevé que millóns de persoas morran se algo non o remedia. E a maioría de esta traxedia producirase no Terceiro Mundo. Porque é evidente que hai dous sidas; o SIDA dos ricos e dos pobres. So un 5% dos enfermos ten acceso os medicamentos. Os outros, os pobres, que suman o 95% dos infectados, non teñen tanta fortuna. A súa sorte está en nacer no mundo subdesenrolado.

 

Con todo isto a loita ten que continuar, pola xustiza. Para que todos, en igualdade de condicións teñamos acceso a información, e aos medios adecuados de PREVENCIÓN, xa que hoxe, unha vez adquirido o virus, acompaña para sempre. Para que a investigación siga traballando neste ámbito que tantas vidas deixa atrás. E sobre todo para conseguir que o número de vítimas sexa 0.

 

Ponte Solidario apoia a loita contra o SIDA.

 

Categorías: Ninguna

Añade un comentario

¡Vaya!

Oops, you forgot something.

¡Vaya!

Las palabras que has introducido no coinciden con el texto. Inténtalo de nuevo.

Already a member? Iniciar sesión

0 comentarios