Entre todos es posible
PONTE SOLIDARIO

Click here to edit title

Click here to edit subtitle

Mundo Solidario

Dia Contra a Violencia de Xenero

Posted by Ponte Solidario on 24 Ee noviembre Ee 2014 a las 17:50


DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Hoxe, 25 de novembro, é o día no que máis que nunca, debemos defender e loitar contra a violencia exercida sobre a muller. Nembargantes, é importante ter en conta que este tipo de violencia non é nova, supón unha consecuencia de séculos cunha cultura en pro da desigualdade, onde o agravio comparativo entre sexos estivo (e segue estando) normalizado.


Son moitas as frases e pensamentos que nos levan acompañando ao longo da historia e demostran o feito da desigualdade de xénero presente na sociedade, tales como as seguintes:


- La hembra es hembra en virtud de cierta falta de cualidades – Aristóteles

- ¿Vas con mujeres? No olvides el látigo - Nietzsche

- Las mujeres son como los caballos: hay que hablarles antes de ponerles las bridas – Andre Maurois, escritor francés.

- Emancipar a las mujeres es corromperlas – Hondré de Balcaz

- Cuando llegues a casa pega a tu mujer, si tu no sabes porqué, ella si – Proverbio Árabe.

- Las mujeres en parte son culpables de la violencia machista – Piero Corsi, párroco italiano.


Isto é só un exemplo da inferioridade na que se atopa historicamente a muller soamente polo feito de selo. É por iso polo que hoxe nos manifestamos, xa que esta desigualdade é a base sobre a que se asenta a violencia. Segundo unha enquisa do Instituto da Muller, máis de 600.00 mulleres padecen maltratos no fogar, ainda que menos da cuarta parte se deciden a contalo.

 

Neste ano 2014, foron 41 as mulleres asasinadas polo seu cónxuxe ou parella e só 11 denunciaron previamente. Entre elas atópase Mº Luisa, de 37 anos, veciña da provincia de Pontevedra ou Mº Belén de 43 anos, da provincia da Coruña, as dúas asasinadas pola violencia machista.


Na actualidade, debido a situación económica na que nos atopamos, moitas mulleres vense obrigadas a permanecer no seu fogar pola falta de recursos e oportunidades á hora de querer marchar e convertese, ademais, nun novo factor que agrava o conflicto e a violencia.


Ponte Solidario, maniféstase en contra da violencia de xénero e traballa para aumentar a sensibilización da sociedade sobre esta terrible situación; esixindo tamén accións normativas e educativas para a súa prevención, detención e erradicación.


NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO




 

Categorías: Ninguna

Añade un comentario

¡Vaya!

Oops, you forgot something.

¡Vaya!

Las palabras que has introducido no coinciden con el texto. Inténtalo de nuevo.

Already a member? Iniciar sesión

0 comentarios