Entre todos es posible
PONTE SOLIDARIO

Click here to edit title

Click here to edit subtitle

Mundo Solidario

Día Mundial do Neno

Posted by Ponte Solidario on 20 Ee noviembre Ee 2014 a las 11:00


DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NENO


 

Non todo o mundo coñece esta data, nin sequera moitos saben que existe, polo que moi poucos sabrán que tal día como hoxe, hai 55 anos, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a declaración dos Dereitos do Neno, mais tarde, no 1989, aprobouse a Convención en casi tódolos países do mundo. Desta forma comprometéronse a asegurar a protección dos dereitos civís, políticos, económicos, sociais e culturais de todos os menores de 18 anos.


Xa pasaron moitos anos dende que se aprobou dita Convención pero a pesar deste feito, sabemos que desgraciadamente se seguen violando diariamente os dereitos de millóns de nenos e nenas en todo o mundo e, polo tanto todas as institucións públicas e privadas, dunha banda, e a sociedade, por outra, deben responder a este reto e seguir loitando para que a Convención se convirta nunha realidade en beneficio de tódolos nenos e nenas.


Pero lembramos cales son os principais dereitos dos máis pequenos? Imos recordalos:


IGUALDADE: Que se respeten, sen importar súa relixión, cor de pel, condición física ou lugar onde viven.


IDENTIDADE: Necesítase un nome e apelidos.


AMOR: Vivir cunha familia, que os coide, alimente e sobre todo que os queira.


EDUCACIÓN: Dereito a recibir educación e a ter o necesario para estudar.


PROTECCIÓN: Dereito a descansar, xogar e divertirse nun ambiente sano e feliz.


CALIDADE DE VIDA: Necesitan atención médica, coidados nas situacións de enfermidade e incapacidade.


SOLIDARIEDADE: Dereito a dicir o que pensan e sinten.


• INTEGRACIÓN: Poder reunirse con outros nenos e nenas.


DENUNCIA: Dereito a ser protexido contra a crueldade, o abandono e a explotación.


AUXILIO: Necesidade de ser educado na paz, tolerancia e comprensión.


Todos e cada un deles debe ser defendido e practicado día a día. Agora que os recordamos, aproveitemos este momento para reflexionar; ¿todos os nenos do noso arredor gozan destes dereitos?, ¿que podemos facer para construír un mundo mellor para os nenos que son o futuro de toda sociedade?


PONTE SOLIDARIO, como asociación, seguirá loitando para que todos os nenos e nenas do noso pobo poidan disfrutar destes dereitos. Se conseguimos que a infancia sexa respetada, estaremos construíndo unha sociedade baseada no respecto humano. Empreguemos todos os medios ao noso alcance para conseguilo e así facer máis felices os nenos! Que se cumpran é responsabilidade dos adultos! Queremos sorrir ó futuro e sabemos que non será posible se non contamos con eles.


“A madurez do home é volver atopar a seriedade coa que xogaba cando era neno” Friedrich Nietzsche


                                                 

Categorías: Ninguna

Añade un comentario

¡Vaya!

Oops, you forgot something.

¡Vaya!

Las palabras que has introducido no coinciden con el texto. Inténtalo de nuevo.

Already a member? Iniciar sesión

0 comentarios