Entre todos es posible
PONTE SOLIDARIO

Click here to edit title

Click here to edit subtitle

Mundo Solidario

Aclaración sobre a subvención recibida por Ponte Solidario

Posted by Ponte Solidario on 2 Ee julio Ee 2014 a las 9:35


Recentemente apareceu en medios como Faro de Vigo ou Ponteareas Virtual unha nova na que se contaba literalmente que “Ponte Solidario, Adapta e Dar Máis, 3 entidades sociais de Ponteareas, recibían da Deputación unha subvención de 41.000 € en conxunta para seguir desenvolvendo a súa actividade cotiá” Dende Ponte Solidario cremos que a falta de rigorosidade das novas, provocada por unha deficiente nota de prensa difundida polo Concello de Ponteareas, pode levar a equívoco e por iso aclaramos:


- O importe outorgado a Ponte Solidario con motivo desta axuda pública foron 2.000€, sendo 6.000€ por entidade o máximo que podía ser concedido nesta subvención.


- As condicións para recibir tal axuda obrigan a Ponte Solidario a xustificar al menos 19.500€ este ano en gastos de Asociación, ademais da contratación inmediata dunha persoa como traballadora de Ponte Solidario. Ese importe foi o presupostado para o proxecto no momento de pedir a subvención, pero contando con recibir unha axuda superior. Só cumprindo estes requisitos poderíamos acceder a eses 2.000€ e debido a dificultade de soportar gastos tan elevados sen ter recibido o importe esperado, Ponte Solidario vese na obriga de renunciar á axuda concedida pola Deputación de Pontevedra, asumindo que o vindeiro ano non poderá optar a ela.


- Os 41.000€ dos que falan as novas do Faro de Vigo e de Ponteareas Virtual (a instancia do Concello de Ponteareas) son unha equivocación manifesta, pois tendo en conta que o máximo por entidade nesta subvención eran 6.000€, resulta imposible chegar a esa cantidade outorgada entre as 3 Asociacións beneficiarias. Fontes de Dar Mais e do Concello de Ponteareas, confirmaron a Ponte Solidario que os importes das axudas concedidas nin se achegan a eses 41.000€ citados. A única razón pola que se informou de axudas por tal importe foi o intento por adornar e maquillar as cifras, utilizando outras partidas de subvencións outorgadas con anterioridade a entidades sociais e sumándoas ó total da devandita subvención, cando realmente non chega a 10.000€ a bolsa para as tres Asociacións que esta semana recolleron a axuda no Concello de Ponteareas.


- Lamentamos profundamente que dende organismos oficiais non sexan claros e transparentes cando se trata de axudas nun ámbito tan delicado e importante como a axuda social.


Aquí tedes os links das noticias citadas:


http://ponteareasvirtual.com/blog/index.php/la-diputacion-concede-41-000-euros-a-3-entidades-sociales-de-ponteareas/


http://www.farodevigo.es/comarcas/2014/07/01/adapta-dar-mais-ponte-solidario/1050443.html


Aquí podedes ver tamén o documento da resolución:



Categorías: Ninguna

Añade un comentario

¡Vaya!

Oops, you forgot something.

¡Vaya!

Las palabras que has introducido no coinciden con el texto. Inténtalo de nuevo.

Already a member? Iniciar sesión

1 Comment

Responder angel
18:19 Eel 2 Ee julio Ee 2014 
ola me gustaria saber por que receviis subvencion de la de putacion me gustaria saber gracias