Entre todos es posible
PONTE SOLIDARIO

Click here to edit title

Click here to edit subtitle

Mundo Solidario


ver:  todos / resumen

#DiaMundialContraOCancro

Posted by Ponte Solidario on 4 Ee febrero Ee 2015 a las 6:30 Comments comentarios (0)


Ponte Solidario non quere esquecerse este 4 de febreiro de moitos loitadores que se enfrontaron, se enfrontan ou se enfrontarán ó cancro.


Son máis de 8 millóns de persoas as que falecen ó ano debido a esta enfermidade, máis mortes a nivel global que o SIDA, a malaria e a tuberculose xuntas. Afondando nos principais tipos de cancro que provocan a morte, o de pulmón sitúase con 1,4 millóns como o máis letal, seguido do de estómago e o de fígado. Se nos centramos no noso país, en España hai algo máis de 200.000 casos de cancro, afectando en maior medida a homes que a mulleres, e a maiores de 65 que a menores.


Gráfico: Evolución da tasa de mortalidade por cancro (1990-2011).

                


O futuro neste eido preséntase incerto, se ben por unha banda as tasas de mortalidade levan anos reducíndose, o número de casos en sociedades envellecidas como a nosa tende a aumentar. É por iso que a ciencia xoga aquí un papel fundamental para mellorar a calidade de vida dos afectados e poder devolverlles o benestar que perderon.


A inversión pública e privada para loitar contra esta lacra será un dos axentes fundamentais na evolución da enfermidade, influirá tanto na detección como no tratamento posterior, pero aínda haberá circunstancias para a prevención que dependerán da actividade humana (o 90% dos cancros de pulmón teñen ó tabaco como principal causante). As investigacións e tratamentos experimentais son optimistas, agardardemos que cumpran as expectativas.


Pero o que non podemos esquecer, e o que queremos remarcar no día de hoxe, é que as posibilidades na loita individual contra o cancro están directamente relacionadas co nivel económico e social do enfermo. Sen traballo, cunha prestación mínima de 426€ e asumindo o 40% do custo dos medicamentos, para moitos afectados o cancro non só é unha enfermidade, senón unha condea social.


O caso de Beatriz Figueroa, avogada viguesa que durante os 3 últimos anos loitou contra a administración por un recoñecemento xusto, abriu os ollos a moita xente ante as penurias asociadas á exclusión social dalgúns enfermos. Esta loitadora conseguiu máis de 500.000 sinaturas en change.org e levou a través do BNG a súa iniciativa lexislativa para a Seguridade Social ó Parlamento, procurando unha maior cobertura pública para tódolos enfermos de cancro. Tivo o apoio da oposición pero o goberno votou en contra.

Aínda así, despois de 3 anos nos tribunais pola denegación do Instituto Nacional da Seguridade Social a concederlle unha incapacidade permanente cando non podía traballar, acadou unha victoria xudicial significativa o pasado 2014, cando o xuíz deulle a razón e outorgoulle a incapacidade total coa que aumentou a súa axuda en 120€ e reduciuse a porcetanxe de medicinas que tiña que pagar.


A realidade desta historia é o triste reflexo do que moitos enfermos de cancro sen recursos están a pasar en España. Por iso denunciamos que lucir un lazo rosa non é suficiente, protexer ós máis vulnerables é tarefa da administración e semella que na nosa sociedade algo fixemos mal cando importa máis calquer economía do mundo que os nosos enfermos de cancro.


ENTRE TODOS É POSIBLE


Se queredes leer algo máis sobre a historia de Beatriz: http://www.estrelladigital.es/articulo/espanha/no-mata-cancer-hara-estado-y-sistema/20141121195113218311.html




DIA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Posted by Ponte Solidario on 31 Ee enero Ee 2015 a las 0:20 Comments comentarios (0)


30 DE XANEIRO - DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ


 

O Día da Paz celébrase cada ano o 30 de xaneiro, aniversario da morte de Mahatma Gandhi, nunha data establecida en 1964 polo pacifista e educador español Llorenç Vidal. A intención coa que xurdiu foi, en palabras do seu creador, depositar na mente e no subconsciente dos educandos, e a través destes na sociedade, a semilla da non violencia e a paz. Tamén, educar na tolerancia, a concordia, o respeto aos Dereitos Humanos e a solidariedade entre os pobos.


A conmemoración pacifista conta cunha variada representación de actividades nos centros escolares, sobre todo no caso dos destinados á educación infantil e primaria. En cambio, non atopa este tipo de celebracións nos distintos ámbitos da sociedade. E todo iso a pesar de atoparnos nun momento no que se fai extremadamente necesario facer un berro colectivo reclamando PAZ.


Noutros lugares do planeta estanse producindo situacións de guerra. Siria, RD do Congo, Sudán, Iraq, Palestina, Somalia… territorios que se presentan ante nos a modo de novas de telexornal, e que pasan polas nosas retinas constantemente con total indiferencia. Só en Siria, no pasado ano, morreron máis de 200.000 persoas. Non debemos esquecer que tras os números se atopan rostros humanos reais, afectados pola irracionalidade das guerras.


E aquí, no coñecido como primeiro mundo, tamén nos enfrentamos á violencia: desafiuzamentos, recortes en dereitos básicos como a sanidade e a educación, precariedade laboral, carestía alimentaria… Como decía Xoan Paulo II "a ausencia de guerra non é sinónimo dunha paz verdadeira, pois non hai paz verdadeira se non ven acompañada de equidade, verdade, xustiza e solidariedade". Polo tanto, non por non desenrrolarse no noso país un enfrontamento bélico estamos vivindo en paz. As inxustizas son comúns nunha sociedade que debe reaccionar.


A reclamación de Paz e Non Violencia faise indispensable neste día. Dende Ponte Solidario animámosvos a aportar o voso graniño de area na construcción dun mundo de Paz e solidariedade.


 

¡ENTRE TODOS É POSIBLE!

SOLIDARIEDADE

Posted by Ponte Solidario on 20 Ee diciembre Ee 2014 a las 6:50 Comments comentarios (0)

Día Internacional da Solidariedade


A Solidariedade é un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos no século XXI. Por este motivo, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu proclamar o 20 de decembro de cada ano Día Internacional da Solidariedade Humana.


 

Ponte Solidario entende e practica a Solidariedade -axuda entre iguais-, aplicando o máximo concepto desta, persoas que axudan a persoas en todos os seus ámbitos. Nestes case dous anos de vida aprendemos algo moi importante, as persoas cando máis axuda precisan, máis axuda ofrecen e é por iso que o concepto SOLIDARIEDADE é a chave da solución dos nosos problemas, o día que todos e todas aprendamos a convivir, respetar e ter claro que os Servizos Sociais deben ser entendidos como ferramentas de participación, onde as persoas que acoden poden aportar moito máis do que solicitan, entón coñeceremos o significado da palabra SOLIDARIEDADE.


 

A Solidariedade enfróntase directamente a Caridade, que se exerce de arriba a abaixo. Este concepto non está sempre claro e cremos que é bo día para explicar no qu e nós, como movemento social e canle de axuda, cremos, SOLIDARIEDADE E NON CARIDADE.

 


Dicía Eduardo GaleanoA Caridade é humillante, porque se exerce verticalmente e dende arriba; a solidariedade é horizontal e implica respecto mutuo”. Ponte Solidario subscribe as súas verbas neste día tan importante para nós.


 

A Asemblea de Ponte Solidario quere mudar a situación de inxustiza e desigualdades que hoxe en día vivimos e para iso precisamos esta ferramenta, solidariedade.


 

Ponte Solidario cre, aposta e traballa en Solidariedade!



Dia dos Dereitos Humanos

Posted by Ponte Solidario on 10 Ee diciembre Ee 2014 a las 6:45 Comments comentarios (0)

                  

            

Dia Internacional do Voluntariado

Posted by Ponte Solidario on 4 Ee diciembre Ee 2014 a las 13:05 Comments comentarios (0)

En 1985 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decretou o 5 de decembro como Día Internacional do Voluntariado, un recoñecemento necesario para unha figura clave no desenvolvemento social.


Un dato que pode ser descoñecido para moitos é que en Ponte Solidario todo o mundo é voluntario, sen excepción, e esta é a nosa esencia.


Por iso para nós é case unha obriga sumarse a esta celebración, xa que dende o primeiro piar ata o último da nosa asociación foi acuñado baixo esta filosofía. A filosofía de ser a forza do cambio coa nosa vontade, de derrubar fronteiras, e construir e afianzar valores baseados na solidariedade da nosa comunidade, Ponteareas; a forza de crer posible a idea dun cambio só co noso tempo, dedicación e ilusión.


Con este manifesto queremos recoñecer oficialmente o labor de todas aquelas persoas que contribúen de forma voluntaria e altruísta na mellora do seu ámbito, sendo parte desta familia de Ponte Solidario. Xuntos creamos unha conciencia solidaria que permite involucrarnos no desenvolvemento ecuánime e sostible de todo o mundo, baseado na capacidade de acción e transformación que, individual e colectivamente, todos podemos exercer.

                                           


Por iso hoxe queremos dar as grazas a todos os nosos voluntarios, polo seu tempo, a súa constancia, esforzo e sobre todo as súas ganas de querer cambiar entre todos unha sociedade na que, desgraciadamente, aínda existe a exclusión social.


E a tamén recoñocemos e agradecemos a labor de tantos millóns de persoas que traballan en todo o mundo para os demais sen esperar recibir nada a cambio. Para todos aqueles que observades día a día inxustizas e problemas ó voso arredor e vos preguntades que facer, dicimos:

NON Á INDIFERENZA



O cambio soamente é posible co movemento da conciencia, sen intención de cambio nada cambiará, e soamente entre todos podemos facer da ilusión duns poucos, a realidade xusta de moitos. Esta é a forza do voluntariado, e por iso merece que hoxe celebremos este día que fai posible a nosa existencia.


Rss_feed